Furanchos · última actualización: 19 de outubro de 2026
Furanchos amosa que furanchos de Galicia están abertos, co que di a xente que estivo alí. Non hai contas, non hai rexistro e non se pide ningún dato persoal.
Un identificador anónimo do teléfono. Ao instalar a app créase un número aleatorio que se garda no teléfono. Serve só para que cada teléfono conte unha soa vez por furancho e día. Non vai asociado ao teu nome, correo nin conta ningunha, e non permite identificarte. Se desinstalas a app, desaparece.
As túas respostas. Ao responder «estaba aberto» ou «estaba pechado» gárdase o furancho, o día, a hora, se a resposta foi desde alí ou a distancia, e o identificador anónimo. Esas respostas son o produto: vénas a xente que consulta ese furancho ese día.
Os furanchos que gardas para que a app avise cando abran, e os selos da caderneta, quedan só no teléfono.
Úsase no teléfono para ordenar a lista polos furanchos máis preto e para saber se estás a menos de 300 metros dun furancho cando confirmas o seu estado.
Non se envía onde estás. O servidor só recibe se a resposta foi «desde alí» ou «a distancia». Nunca as túas coordenadas nin o teu percorrido.
Podes usar a app sen dar permiso de localización: a lista ordénase por concello e todas as respostas contan como «a distancia».
Son locais, do propio teléfono. Se premes «Como chegar», ao día seguinte ás 21:00 a app pregunta se estaba aberto. Se gardas un furancho, avisa cando empeza a súa temporada.
As respostas gárdanse nun servidor de Supabase para poder compartilas coas demais persoas que usan a app. Non se venden nin se ceden a terceiros, e non se usan para publicidade. Non hai rastrexadores publicitarios nin analítica de terceiros dentro da app. O mapa descarga as teselas do provedor de mapas, que recibe o teu enderezo IP como en calquera páxina web.
As respostas gárdanse mentres sirvan para a temporada e o histórico de aperturas; as máis vellas de dous anos bórranse. No teléfono, todo desaparece ao desinstalar a app.
Como non hai contas, non sabemos cales son as túas respostas a non ser que nos digas o teu identificador anónimo, que aparece dentro da app en «Sobre os datos». Se nolo mandas, bórranse todas as respostas dese identificador. Para iso, ou para calquera dúbida, escribe a furanchos.app@gmail.com.
A lista vén de rexistros municipais, directorios e prensa local; as fontes están dentro da app, en «Sobre os datos». Se es responsable dun furancho e queres corrixir algo ou que non apareza, escribe ao mesmo correo.
Furanchos · feito en Galicia