Furanchos

Que furanchos están abertos hoxe, co que di a xente que estivo alí.

Os furanchos abren cando teñen viño e pechan cando se lles acaba. Por iso os horarios non valen de moito e por iso esta app non finxe sabelo: pregunta. Cando alguén chega a un furancho, faille unha soa pregunta —estaba aberto?—, dunha pulsación, sen conta e sen rexistro. Esa resposta é a que ve a seguinte persoa que mire ese furancho ese día.

Que atopas

Os datos

A lista vén de rexistros municipais, directorios e prensa local; dentro da app, en «Sobre os datos», está a lista de fontes e a data de recompilación. Se es responsable dun furancho e queres corrixir algo ou que non apareza, escribe a furanchos.app@gmail.com.


Política de privacidade · feito en Galicia